apartamentos turísticos

A norma inclúe, ademais, modificacións na regulación dos apartamentos e vivendas turísticas

O Clúster Turismo de Galicia como entidade que agrupa ao 95% do sector turístico galego felicítase polo anuncio da Xunta de Galicia da aprobación do Decreto de ordenación dos apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico que fixo público o Consello da Xunta de hoxe e no que a principal novidade é a creación da categoría de vivendas de uso turístico, que permitirá amparar este tipo de aloxamentos dentro do sector turístico.

“Desde o conxunto do sector sempre defendemos a necesidade de que toda a oferta de aloxamentos estea regulada”, explica o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Francisco González, que lembra que “esta normativa foi redactada e consensuada co sector turístico e permitirá ao segmento das vivendas de uso turístico beneficiarse das sinerxías do conxunto do sector e das canles de comercialización turística dos que até agora estaban excluídos”, explicou.

Neste sentido, o presidente do Clúster lembrou que esta normativa vén por fin a ofrecer un marco legal a unha oferta turística existente e en crecemento, pero que até agora non tiña ningún marco turístico legal. “A nova normativa permitirá agora que todo aquel que queira participar nas canles turísticas póidao facer, contribuíndo a crear unha oferta regulada e de calidade que nos beneficia a todos, porque o turismo somos todos e debemos traballar conxuntamente”.

A normativa adáptase así ás novas realidades do mercado turísticos, garantindo tanto a calidade e a seguridade dos usuarios que opten por este tipo de aloxamento, como a igualdade de condicións coas outras tipoloxías de establecementos, como os apartamentos turísticos ou as vivendas turísticas, que xa estaban lexisladas.

Coa posta en marcha da figura das “vivendas de uso turístico” dáselle un amparo legal a aquelas empresas ou particulares que desexen comercializar o seu aloxamento como turístico (en portais tipo Booking) e vén aclarar definitivamente os diferentes modelos de negocio, dando opción a que se arrende este tipo de aloxamentos dentro do arrendamento de vivenda de uso particular, como até agora ou dentro das canles turísticas, que até agora lle eran alleos, pero sempre dentro dunha oferta regulada que atalle algúns dos problemas que se asocian ás prácticas de aluguer de vivendas particulares para usos turísticos como a competencia desleal ou a falta de transparencia fiscal.

Cabe lembrar tamén que o Decreto establece, ademais da regularización das vivendas de uso turístico, novidades en canto ao ordenamento dos apartamentos turísticos e as vivendas turísticas, introducindo modificacións suxeridas polo sector e adaptadas ás realidades do sector, circunstancia que fai que este Decreto sexa recibido con satisfacción por parte do conxunto do sector turístico.

Consulta o texto definitivo do DECRETO 12/2017, do 26 de xaneiro

27 de Xaneiro de 2017
viviendas

Satisfacción no Clúster Turismo de Galicia pola aprobación do Decreto de Regulación das Vivendas de Uso Turístico

A norma inclúe, ademais, modificacións na regulación dos apartamentos e vivendas turísticas O Clúster Turismo de Galicia como entidade que agrupa ao 95% do sector turístico […]
02 de Agosto de 2016
apartamentos turísticos

Os apartamentos turísticos e o turismo rural melloran resultados en xuño

Segundo recolle a Enquisa de Ocupación Turística Extrahotelera do INE, que recolle os resultados de ocupación dos aloxamentos de turismo rural, albergues, cámpings e apartamentos turísticos, […]
04 de Xullo de 2016
apartamentos turísticos

Segue medrando o número de viaxeiros que elixe o apartamento turístico como aloxamento

Segundo os datos recolleitos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) en maio volveu crecer o número de viaxeiros aloxados en apartamentos turísticos en Galicia respecto ao […]
14 de Xaneiro de 2016
apartamento-turístico

Último paso para la aprobación de la normativa de regulación de las viviendas de uso turístico

El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunció ayer los contenidos que se han remitido al Consello Consultivo de Galicia, último paso para […]