alquiler turístico

Atende o incidente de nulidade presentado no mes de novembro polo Goberno galego ao entender que se vulnerou o seu dereito á tutela xudicial efectiva

O Tribunal Supremo dá a razón á Xunta de Galicia en referencia ao seu decreto sobre as vivendas de uso turístico, dándolle así plena vixencia ao decreto galego que establece que o aluguer deste tipo de aloxamentos turísticos debe realizarse na súa totalidade e non por estancias

A sentenza do alto tribunal dá así a razón ao Goberno galego, que aplaude este fallo xudicial que vén a anular a sentenza emitida o pasado mes de outubro, na que invalidaba un dos aspectos da norma galega para este tipo de aloxamentos, o relativo ao aluguer por habitacións.

O Executivo autonómico presentou en novembro un incidente de nulidade despois de entender que se vulnerou o seu dereito á tutela xudicial efectiva, dado que a sentenza pretendía anular un artigo do decreto 12/2017 que xa estaba contido previamente na lei 7/2011. Agora o Alto Tribunal atende as reclamacións formuladas desde Galicia e anula o fallo emitido. Ao mesmo tempo, desestima as alegacións presentadas por parte da Avogacía do Estado.

Esta decisión supón o respaldo ao defendido pola Xunta nas últimas semanas e dá plena vixencia á nosa normativa sobre o aluguer turístico. En base a isto, tanto as vivendas turísticas como as vivendas de uso turístico deben sempre comercializarse pola totalidade da vivenda e non por estancias, como reclama a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC), que vén presentando distintos recursos fronte á normativa galega.

08 de Xaneiro de 2020
viviendasusoturistico

O Tribunal Supremo dá a razón á Xunta de Galicia e anula a sentenza sobre as vivendas de uso turístico

Atende o incidente de nulidade presentado no mes de novembro polo Goberno galego ao entender que se vulnerou o seu dereito á tutela xudicial efectiva O […]
14 de Agosto de 2019
viviendas_turisticas Galicia

Crece a oferta de vivendas de uso turístico en Galicia, que alcanzan unha ocupación media en xullo do 70%

As vivendas de uso turístico creceron nos últimos meses en Galicia, chegando a un total de 9.075 segundo os datos do Rexistro de Empresas e Actividades […]