A Asociación  Galega de Albergues Privados ( Agalber) demanda á Xunta e aos Concellos polos que transcorre o Camiño de Santiago que tomen medidas para regular as vivendas de uso turístico.

A asociación, que ten ao sarrián Pedro Xosé Quintana como secretario, asegura que “existen máis de 9.000 inmobles” dedicados a vivendas turísticas e que se deron de alta “máis de 500 o último mes na nosa comunidade”. Engade que debido a esta situación “está a reducirse  alarmantemente o número de vivendas para alugar”, afirmando que por tal motivo “os  concellos non crecen”, ademais de ser unha “competencia desleal” para o sector de aloxamento no Camiño.

Como solución,  Agalber pide que se “apliquen criterios máis estritos e de calidade” por parte da Xunta de Galicia e dos Concellos. Sostén que é “un sector que non está profesionalizado en absoluto, con nulas garantías para os usuarios destes aloxamentos”. A iso, a entidade de albergues suma “o progresivo malestar das comunidades de veciños,  estigmatizando ao peregrino ata límites perigosos”.

Por outra banda, a asociación mostrou a súa “preocupación polo descenso de peregrinos neste 2019 en todo o Camiño Francés” baseándose en datos dos hostaleiros. Segundo  Agalber, as cifras de ocupación nos establecementos polo Camiño Francés son “sensiblemente máis baixas”, cun 10% menos respecto a 2018.

Comentan no seu comunicado que a administración “ha de promocionar e facer campañas de todos os roteiros”, subliñando que “a vía con maior número de peregrinos ha de ser tamén coidada e estar presente nas accións gobernamentais”.

20 de Agosto de 2019
agalber

Agalber demanda máis coidados para o Camiño Francés e insta a regular as vivendas de uso turístico

A Asociación  Galega de Albergues Privados ( Agalber) demanda á Xunta e aos Concellos polos que transcorre o Camiño de Santiago que tomen medidas para regular […]
20 de Febreiro de 2018
agalber web

AGALBER cambia de presidente e xunta directiva con motivo da celebración da súa asemblea anual

AGALBER (Asociación Galega de Albergues Privados) celebrou a súa asemblea anual que serviu para facer balance das actuacións da entidade, dar paso á nova xunta directiva […]
01 de Decembro de 2017
foto grupo

O selo Galicia Destino Familiar entrega os seus 27 primeiras acreditacións ás empresas especializadas neste segmento de mercado

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, permite agrupar e pór en valor a oferta turística dirixida ás familias coa que xa conta Galicia O […]
15 de Novembro de 2017
fairway

A segunda edición de Fairway abordou de forma global e transversal o fenómeno do Camiño de Santiago reunindo aos axentes e profesionais que traballan ao redor das súas rutas

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia viviu do 12 ao martes 14 un evento que sumou congreso, feira e workshop con turoperadores internacionais A […]