Superadas as 4.200 solicitudes de vivendas de uso turístico en Galicia

apartamentos turísticos

Superadas as 4.200 solicitudes de vivendas de uso turístico en Galicia

Desde que entrou en vigor o decreto de regulación das vivendas de uso turístico o pasado mes de maio presentáronse máis de 4.200 solicitudes de alta no rexistro deste tipo de aloxamentos en Galicia, segundo explica Turismo de Galicia, que fai fincapé en que “Este bo dato evidencia que o novo decreto está a fortalecer e incrementando ofértaa grazas ao marco de seguridade xurídica que ofrece, tanto para os particulares como para o sector turístico da Comunidade en xeral, para poder exercer a competencia nese contexto”.

Por provincias, Pontevedra é o territorio onde máis solicitudes foron presentadas ata a data, superando as 2.250. Na Coruña, pola súa banda, a cifra de peticións formuladas neste rexistro son máis de 1.360. Séguenlle Lugo con preto de 540 e Ourense, con ao redor de 80.
O decreto que regula este tipo de aloxamentos, en vigor desde o pasado mes de maio, está a supor unha oportunidade ao ofrecer máis seguridade xurídica tanto de particulares como para o propio sector, e supón unha resposta á realidade actual e tamén unha oportunidade para quen, ben como propietario ou como inquilino, aposta por este tipo de aluguer turístico. As vivendas de uso turístico, tal e como indica o citado decreto, son as cedidas as terceiras persoas dúas o máis veces ao ano, a cambio dunha contraprestación económica, para unha estancia inferior a 30 días. A regulación determina que a cesión debe ser pola totalidade e a comercialización pode realizala os seus propietarios ou empresas turísticas reguladas.

Para comezar a operar, só é preciso presentar unha Declaración Responsable de Inicio de Actividade. Deberase cubrir o modelo normalizado, dispoñible na páxina web de Turismo de Galicia, así como o xustificante de pago das taxas de clasificación turística de 56,82 euros.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn