Sobe o número de turistas estranxeiros que chegou a Galicia en xuño

turista aeropuerto

Sobe o número de turistas estranxeiros que chegou a Galicia en xuño

Galicia recibiu en xuño 148.184 turistas internacionais procedentes no seu maior parte de Portugal, Reino Unido, Francia e Alemaña, país este último que incrementa moi notablemente o número de cidadáns que visitan o noso territorio durante este mes de xuño, pasando de pouco máis de 5000 a máis de 13.000 (+130%) en detrimento de outros países como Italia, que descende notablemente, , segundo os datos achegados polo INE a través da súa Estatística de Movimentos en Fronteira (Frontur).

Este novo incremento na chegada de turistas estranxeiros a Galicia tradúcese na subida dun 27% respecto ao mesmo período do ano pasado, quince puntos máis de incremento que no conxunto nacional, no que tamén sobe o número de turistas foráneos, un 11,6%, o que supón que o noso país recibiu o mes pasado a visita de 8,4 millóns de turistas internacionais. Na súa maioría os turistas internacionais que chegan a Galicia fano a través do aeroporto (cun incremento do 19% de chegadas respecto de xuño de 2016) e alóxanse en hoteis.

Do mesmo xeito que o resto do territorio Galicia continúa na senda do crecemento deste tipo de turista, tendencia que xa se detectaba en maio deste ano e que marca un ritmo de crecemento positivo no seis primeiros meses ano.

Entre os mercados emisores máis importantes para Galicia completan o ranking, xunto a Portugal, Reino Unido, Francia e Alemaña, Estados Unidos e Suíza. No conxunto de España os principais destinos vacacionais do turismo estranxeiro seguen sendo Illas Baleares, Cataluña e Andalucía, que seguen incrementando o número de turistas internacionais.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn