Sportur Galicia pecha a súa terceira edición con máis de 10 mil visitantes e máis de 60 actividades

sportur balance

Sportur Galicia pecha a súa terceira edición con máis de 10 mil visitantes e máis de 60 actividades

A feira especializada en turismo deportivo puxo en valor unha vez máis as distintas opcións deportivas que poden formar parte dun estilo de vida saudable á vez que os destinos e escenarios ideais para practicalas

A terceira edición de Sportur Galicia pechou as súas portas en Expourense despois de visibilizar durante dous días (tres se contamos tamén o I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo) o bo momento que viven o deporte e o turismo activo en Galicia e tamén no norte de Portugal. Durante este tempo déronse cita no recinto feiral ourensán máis de 10 visitantes que participaron en multitude de campionatos e torneos de carácter autonómico como foron o II Torneo Sportur de Kickboxing, o Torneo de Esgrima Antiga Cidade das Burgas, os trofeos absolutos de halterofilia de Galicia, os torneos de kung-fu e taekwondo, o campionato galego de escalada en bloque ou o Torneo de Xadrez Cidade de Ourense, entre outras probas deportivas.

En total foron 60 actividades entre as que o atletismo foi un dos grandes protagonistas ao ser Sportur o punto de recollida dos dorsais da Carreira de San Martiño que se disputou o domingo na cidade das Burgas. Sportur Galicia puxo en valor unha vez máis as distintas opcións deportivas que poden formar parte dun estilo de vida saudable á vez que os destinos e escenarios ideais para practícalas, desde o Norte de Galicia coa presenza do Xeo Destino Ferrol- Rías Altas ou Viviero até o norte de Portugal pasando por concellos da provincia de Ourense até a única Estación de Montaña de Galicia en Manzaneda. Estes destinos tiveron ademais a oportunidade de reunirse cunha quincena de axencias de viaxe especializadas en turismo activo dentro do III Workshop de Sportur Galicia.

Sportur Galicia estivo organizado por Expourense coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e da Axencia de Turismo de Galicia, da Deputación Provincial de Ourense e do Concello de Ourense a través da Concellería de Turismo.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn