Segue medrando o número de viaxeiros que elixe o apartamento turístico como aloxamento

apartamentos turísticos

Segue medrando o número de viaxeiros que elixe o apartamento turístico como aloxamento

Segundo os datos recolleitos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) en maio volveu crecer o número de viaxeiros aloxados en apartamentos turísticos en Galicia respecto ao mesmo período de 2015. Un total de 8.545 persoas escolleron este tipo de aloxamento, un 30% máis que o ano pasado, segundo reflicte a enquisa de ocupación turística extrahotelera que tamén recolle que a maior parte destes usuarios –5.524– eran de orixe nacional, mentres que 3.021 eran residentes no estranxeiro que marcaron unha estancia media de 2,61 días.

Por contra, descenderon os viaxeiros aloxados en cámpings e albergues, case un 30% e un 18% menos, respectivamente que en maio do ano pasado. Así, os cámpings galegos rexistraron en maio a 4.411 viaxeiros e 11.708 pernoctaciones, un 31,5% menos mentres que a estancia media foi de 2,65 días. Do mesmo xeito, os albergues tiveron un descenso do 18% nos seus usuarios, até os 323 –só un estranxeiro– e do 20,5% en pernoctaciones, até as 410, cunha media de ocupación foi o 2,82% das súas prazas. Finalmente, os aloxamentos galegos de turismo rural mantivéronse practicamente estables con respecto a hai un ano cun total de 17.719 viaxeiros (+0,98%) e 26.308 pernoctaciones (+2,8%). A estancia media segue sendo de menos de dous días (1,48 días) per creceron os seus prezos un 1,17%
Se vemos este sector do aloxamento extrahotelero en conxunto (apartamentos, cámpings, aloxamentos de turismo rural e albergues), en Galicia rexistráronse en maio un total de 22.271 pernoctaciones, un 45% máis que en 2015. Se miramos a España, as pernoctaciones neste tipo de aloxamentos incrementáronse un 10,5 por cento respecto ao mesmo período do ano 2015.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn