Río Miño, a marca turística para promover o turismo transfronteirizo

rio miño. Prestanción marca

Río Miño, a marca turística para promover o turismo transfronteirizo

Nace a identidade para o territorio transfronteirizo que une 26 municipios

Co obxectivo de axuntar sinerxías e traballar desde un e outro lado da beira do río Miño, 16 concellos pontevedreses e 10 lusos en colaboración coa Deputación de Pontevedra puxeron en marcha unha marca turística propia para promover o turismo transfronteirizo, “Río Miño”, co slogan “Un río, dous países, grandes experiencias”, e que servirá para “pór en valor todas as riquezas e patrimonio do territorio do Río Miño”, expuña o deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación, Uxío Benítez.

A marca responde a unha visión “supramunicipal e transfronteiriza do turismo” no que cada un dos concellos e cámaras municipais que comprenden o territorio do Río Miño Transfronteirizo “son interesantes de por se soas e ten moito que ofrecer, pero cando sumamos, obtemos un destino único, orixinal e diferente que nos coloca á vangarda do turismo actual e fainos destacar sobre o resto”, explicou Benítez. Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que o nacemento desta marca supón un fito histórico e recalcou que o río Miño non debe ser unha fronteira se non unha unión, “temos unha obrigación con esta xeración e coas vindeiras para manter este patrimonio cultural, lingüístico, histórico, económico e social que recibimos e debemos dalo a coñecer”.

O presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e vice director do AECT Río Minho, Joao Brito Nogueira, asegurou que ” o río Miño ten o que se pode denominar unha simbiose perfecta que merece ser compartida con todo o mundo e esta marca achegará máis competitividade, atractivo e conectividad”.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn