RibeiroRisas para comezar unha nova edición da Feira do Viño do Ribeiro

programa_FVR_2016_ext

RibeiroRisas para comezar unha nova edición da Feira do Viño do Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro comeza a celebración da súa 53ª edición este vienres cunha xornada moi especial na que se combinará o viño co humor a través de RibeiroRisas, que se celebra a partir das 23.30 h, no Auditorio do Castelo. A gala contará cos mologuistas Fede Pérez (das series “Era visto” ou “Padre Casares”, da TVG), Isabel Risco (“Land Rober”, “Air Galicia”, etc.) ou Tonhito de Poi (dos Heredeiros dá Crus) conducidos pola actriz Iria Sobrado (“Pazo de Familia”, “Land Rober” ou “Tourilandia”).
O público interesado en asistir a este evento poderá obter a súa entrada en dúas modalidades: a un prezo xeral de 10 euros e a un prezo especial (Bonus FVR) de 5 euros, presentando a copa ou o ticket de puntos (consumido ou sen consumir) que previamente poderá conseguir no recinto feiral.
Esta gala é unha das novidades desta Feira do Viño do Ribeiro, que se celebra o 29 e 30 de abril e o 1 de maio no recinto da Alameda de Ribadavia. Desde a organización lémbrase que os interesados en asistir o sábado, poden facelo a través do servizo de autobús disponible o sábado desde Ourense, Vigo e Santiago de Compostela. A reserva de prazas poderase levar a cabo até o xoves día 28 de abril mediante envío dun correo electrónico a: info@viajescompostela.com ou mediante reserva na páxina web www.viajescompostela.com, e pago mediante transferencia á conta que lle indicarán desde Viaxes Compostela (tlf. de información 988213043).

Tamén se pode consultar o programa completo aquí.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn