Rías Baixas sitúase á cabeza das Rutas do Viño de España en xestión e planificación

Single photo enhanced with easyHDR BASIC 2.13.3.

Rías Baixas sitúase á cabeza das Rutas do Viño de España en xestión e planificación

A Asociación de Rutas do Viño de España sitúa á única ruta galega amparada en ACEVIN á cabeza das 27 Rutas do Viño de España en canto a xestión e planificación. Segundo recolle a auditoría de ACEVIN, a Ruta do Viño Rías Baixas obtén unha puntuación de 88 sobre 100 nestas dúas materias, unha valoración para a que se tivo en conta aspectos como que conta cun equipo de xerencia amplo e estable, asistencia externa e que consegue resultados óptimos aínda non contando cunha capacidade orzamentaria tan ampla como outros itinerarios enoturísticos.

En termos xerais, a Ruta do Viño Rías Baixas é o cuarto itinerario enológico con mellores resultados no proceso de auditoría, obtendo unha puntuación de 80,6 sobre 100, por diante doutras Rutas como Ribeira do Douro, Campo Borja ou Rioxa Alavesa. Por diante de Rías Baixas só atópanse Ribeira Guadiana, Somontano e Navarra, cunhas puntuacións de 85, 81,8 e 80,8, respectivamente. A media total de puntuacións de 27 Rutas do Viño de España sitúase en 73,8, unha cifra que a Ruta do Viño Rías Baixas supera en case sete puntos.

As auditorías realizadas entre 2015 e 2016 ás Rutas do Viño de España tamén tiveron en conta outras cuestións como a calidade do destino, os labores de promoción e comercialización, o sector da enoloxía e os aspectos turísticos. En todos eles, Rías Baixas sitúase, ben na media das 27 Rutas do Viño de España, ou por encima dela. ACEVIN realizará este ano unha nova auditoría á Ruta do Viño Rías Baixas. Este proceso é un dos requisitos que deben pasar todas as Rutas do Viño de España para poder pertencer a este prestixioso Club de Produto.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn