Reforzo da promoción internacional do turismo náutico galego

crucero a coruña

Reforzo da promoción internacional do turismo náutico galego

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida, asinaron un convenio de colaboración que reforzará a aposta da Administración autonómica pola promoción internacional do turismo e as actividades náuticas en Galicia, como un dos elementos que permitirán seguir traballando na diversificación e desestacionalización do turismo galego a través da captación de novos fluxos de barcos de recreo ou potenciar o aluguer de barcos en destino, unha práctica que xera millóns de euros e que en España só explota cun volume destacable a comunidade de Baleares.

O convenio inclúe a promoción conxunta no exterior das instalacións e servizos portuarios para a náutica dos que se dispón na comunidade, así como a promoción da actividade de turismo náutico que ofrece a rexión. Para iso ambas as entidades confirmaron que está prevista a participación no Salón Grand Pavois, na Rochelle, no Salón Náutico de París e no Southampton Boat Show (Reino Unido), os principais certames sectoriais no ámbito internacional. Así mesmo, celebraranse dúas presentacións nas cidades de Cork e Dublín en colaboración con Turespaña para difundir a oferta galega no mercado irlandés e tamén se presentará a oferta náutica e de cruceiros galega en Portugal.

Cabe lembrar que no 2016 atracaron nos portos galegos 8.167 embarcacións procedentes doutros países, o que supuxo unha marca e un crecemento do 4 % no conxunto das instalacións da comunidade e ata un 14,5 % nas mariñas das Rías Baixas.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn