Proturga dedica este ano o seu foro ao turismo termal como dinamizador de destinos

Foro Proturga 2019

Proturga dedica este ano o seu foro ao turismo termal como dinamizador de destinos

A cuarta edición deste encontro contará coa participación dunha ducia de profesionais vinculas co termalismo e a súa comercialización

O termalismo como eixo dinamizador do turismo interno é o obxectivo elixido este ano pola Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia, Proturga, para o seu foro anual nun evento no que queren centrarse na posta en valor do turismo de destinos de interior. Neste sentido, os profesionais do turismo lembran que Galicia é primeira potencia mundial na oferta mineiromedicinal, con máis de 300 mananciais de auga con diferentes propiedades e 21 balnearios que superan as 3000 prazas hostaleiras.

O lugar elixido nesta cuarta edición do Foro Proturga será o Balneario de Cuntis, que tamén será obxecto dunha visita por parte dos participantes na xornada, e o día será o próximo 29 de marzo. O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da propia web da asociación.

A xornada se comprondrá dun relatorio-taller centrada nas propiedades das augas mineromedicinales e as técnicas de terapia termal, a cargo de Antonio Freire, director de Gala Termal e médico especialista en hidrología médica e hidroterapia e de dúas mesas redondas, que abordarán o turismo termal como revulsivo dos destinos de interior e a súa situación actual, así como os retos de comercialización deste segmento.

O foro completarase coa entrega do premio Proturga a un dos asociados da entidade, pola súa tarefa ao longo do ano, e cunha visita á Fundación Terra Termarum e á orixe termal da vila de Cuntis.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn