Primavera no Camiño, nova campaña da Deputación da Coruña

albergues camino santiago

Primavera no Camiño, nova campaña da Deputación da Coruña

Co obxectivo de dar a coñecer os atractivos do Camiño Inglés e impulsar a afluencia de peregrinos que empregan este itinerario para chegar a Compostela, a Deputación da Coruña lanza a campaña “Primavera no Camiño”, na que están implicados os 18 municipios coruñeses polos que discorre o itinerario xacobeo e que incluirán coferencias divulgativas, novo material promocional e unha xornada especial que se desenvolverá en Betanzos o próximo 22 de abril.

Segundo explicou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o obxectivo é “facer desta ruta xacobea un referente da nosa provincia”, lideando a promoción do Camiño Inglés que, cabe lembrar, xa foi protagonista nas presentacións da Deputación coruñesa en Fitur. A ruta, definida como “un exemplo de slow tourism” , foi o itinerario escollido por máis de 10.000 persoas para chegar a Compostela no último ano, o que mostra o seu enorme potencial, máxime cando se estableceu unha estategia de colaboración con Turismo de Galicia e co Xacobeo para o seu impulso conxunto.

Conferencias en oito municipios
As actividades do ciclo “Primavera no Camiño” comezarán cun ciclo de conferencias divulgativas sobre a historia do Camiño Inglés e os seus múltiples atractivos a cargo do xornalista Cristóbal Ramírez, experto en divulgación das rutas xacobea que se desenvolverán en Narón, Fene, Pontedeume, Betanzos, Oroso, Cambre, Carral e Abegondo. En cada unha destas conferencias distribuirase ademais novo material promocional que a Deputación editará especificamente para esta campaña, nos que se describen algúns dos lugares máxicos e puntos de interese que os peregrinos atoparán durante a viaxe.

Betanzos, epicentro do Camiño Inglés en abril
Pero a a actividade central desta campaña desenvolverase en Betanzos o próximo 22 de abril coa celebración dun evento no que o dezaoito concellos polos que discorre o Camiño Inglés presentarán, noutros tantas casetas situadas na praza García Irmáns do centro do municipio, a súa oferta turística e gastronómica.

“Baixo o paraugas da Deputación, esperamos que Betanzos se converta o 22 de abril no epicentro do Camiño Inglés; nun gran escaparate no que se reúne o mellor dos concellos polos que pasa esta ruta xacobea”, afirmou Valentín González Formoso, que explicou que na feira será posible degustar produtos típicos de cada un dos municipios e coñecer a diversidade da oferta turística que ofrece o itinerario.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn