PRESUME DE GALICIA

PRESUME DE GALICIA

Nace unha nova comunidade on line para presumir do noso territorio

www.presumedegalicia.com

As mellores postas de sol, a cultura máis “riquiña”, praias para soñar ou lugares para perderse son algunhas das galerías baixo as que podemos atopar centenares de experiencias agrupadas na web Presume de Galicia, unha iniciativa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia para dar a coñecer e potenciar a enorme riqueza turística que atesoura a nosa comunidade a través dos ollos dos galegos e de quen nos visitan. Cantas veces atopamos un lugar no que esquecernos do mundo que compartimos con amigos e familia? Pois é o momento de presumir del e de toda Galicia! O obxectivo, que todos podamos converternos en “superpresumidores” de Galicia.

A web xa atesoura máis de 200 instantáneas achegadas por todos os participantes da comunidade de facebook de Presume de Galicia pero a través da nova web e webapp da comunidade Presume de Galicia que se acaba de abrir poderanse subir moitas máis de tal maneira que as plataformas irá nutríndose das experiencias, recunchos e espazos que nos mostran os propios usuarios desta comunidade, localizacións especiais que persoalmente recomendan e que recolle a opinión de máis de trinta mil “presumidores” entre os que hai galegos residentes ou vivindo no estranxeiro, e visitantes habituais. Con esta webapp Presume de Galicia o Clúster busca crear un punto de encontro para namorados desta terra, no que tamén se poden atopar referencias á gastronomía ou a actividades culturais que se desenvolven no catro provincias. Entra en www.presumedegalicia.com e sobe xa a túa instantánea porque ten premio!

Traveller Presumidor definitivo

Superpresumidores con premio
Ademais de subir fotografías á web de www.presumedegalicia.com, calquera usuario poderá empregar a web para ?aplaudir? as fotos subidas e contribuír a que os participantes poidan obter premios, ou simplemente seleccionar rutas buscando, por exemplo, as mellores postas de sol ou visitas a espazos naturais especiais. Pola súa banda, aqueles que contribúan coas súas achegas fotográficos e que queira converterse en “superpresumidores” deberán conseguir votos para as súas fotografías en forma de aplausos virtuais. Aqueles que obteñan máis “aplausos” poderán gañar decenas de premios para descubrir a comunidade autónoma de forma diferente a través de experiencias que inclúen aloxamentos en hoteis, degustacións gastronómicas ou trens turísticos. Ademais, entre todos os participantes sortearanse estancias en hoteis distribuídos no catro provincias.

Unha plataforma 2.0 de promoción de Galicia
A comunidade de Presume de Galicia irá aos poucos crecendo coas achegas recibidas, que podemos ir vendo a través dos perfís de Facebook, Twitter, Youtube e Instagram que Presume de Galicia ten nestas redes sociais, aínda que as votacións só se contaran na web.

Con esta campaña, que se desenvolverá até finais de ano, o Clúster Turismo de Galicia contribuír á promoción de Galicia desde unha óptica diferente, orientada vos novos hábitos dos viaxeiros, que buscan información dun destino a través de internet e as redes sociais. A esixencia é cada vez máis alta e as contornas 2.0. onde o criterio dos viaxeiros conta máis que calquera outra fonte crecen a unha gran velocidade. Galicia conta agora cunha plataforma propia destas características que ademais dá un paso máis aló e ofrece ao mundo unha visión baseada en miles de puntos de vista: www.presumedegalicia.com

logo_cluster_turismo_galicia1
galicia