Premios para todos na BTT Ruta do Viño Rías Baixas

ACTIVIDADES
top-carrera02

Premios para todos na BTT Ruta do Viño Rías Baixas

A primeira edición desta marcha en bicicleta que terá lugar en Vedra o 2 de outubro inclúe tamén unha ruta de senderimo para os acompañantes

Unha botella de viño de Rías Baixas elaborado por adegas asociadas e unha camiseta técnica será o agasallo asegurado que obterán todos os participantes da primeira edición da BBT Ruta do Viño Rías Baixas que se celebra o próximo día 2 de outubro no municipio de Vedra. Pero haberá máis agasallos: un viño espumoso amparado pola Denominación de Orixe Rías Baixas e un enopack (composto por unha visita para dúas persoas a unha adega socia da Ruta do Viño Rías Baixas) aos corredores masculino e feminino de máis idade; ao corredor masculino e feminino de menor idade, e ao ciclista que veña de máis lonxe. A maiores, entregarase un enopack a todos os membros do club máis numeroso que participe nesta proba que discorrerá entre adegas e viñedos do municipio vedrés.
A BTT Ruta do Viño Rías Baixas xa conta cun centenar de inscritos, aínda que aínda se poden realizar as inscricións a través da web www.bttrutavinoriasbaixas.com. O custo desta proba é de 10 euros e inclúe todos os seguros civís, así como os agasallos e a inclusión nos sorteos anteriormente mencionados. O número de participantes está limitado a 250 prazas.
Ruta de sendeirismo

Paralelamente a esta proba deportiva non competitiva, tamén se ofrecerá unha ruta de sendeirismo dirixida a acompañantes dos participantes na 1ª BTT Ruta do Viño Rías Baixas. A actividade levará aos asistentes por un percorrido de 8 quilómetros a través das paisaxes do municipio vedrés, pasando pola adega asociada Pazo de Galegos e polo emblemático Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn