Potencia a web do teu establecemento turístico

Potencia a web do teu establecemento turístico

O CDTIC celebrará unha nova sesión formativa dirixida ao sector turístico nesta ocasión a cargo de José Alcañiz

Dirixido a establecemento turísticos, operadores ou axencias receptivas e entidades de xestión de destinos, o obxectivo deste curso impartido polo Centro Demostrador TIC Galicia é mellorar á web destas empresas, optimizando recursos, usabilidade e coñecendo mellor os motores de busca, entre outras ferramentas. Os asistentes coñecerán as ferramentas e estratexias dispoñibles en internet para que establecementos, operadores e entidades de xestión de destinos turísticos obteñan visibilidade e rendemento económico, abordando a elaboración dun plan de marketing adecuado para os nosos obxectivos.

A xornada, que se desenvolverá o 21 de maio en xornada de tarde, de 16h a 20h, emitirase tamén por streaming e estará impartida por José Alcañiz, xerente de Buscadestinos.com, central de reservas de hoteis e escapadas no que participou desde a súa xestación en 2006, e fundador de Esterea Comunicación Digital en 2011. Ademais, é profesor asociado na Escola de Negocios Afundación e colabora como mentor de emprendedores e startups en ViaVigo, Rede Mentoring, AJE Galicia, LaunchLab e Startup Weekend Galicia.

Se che interesa participar, podes inscribirte directamente no teu espazo de usuario da web do CDTIC.

150521_Programa_POTENCIA_WEB

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn