Participación do Clúster Turismo de Galicia en Fitur

ACTIVIDADES
FITUR 2018 agenda profesionañ

Participación do Clúster Turismo de Galicia en Fitur

A poucos días da celebración da nova edición da Feira Internacional de Turismo 2018 en Madrid, o Clúster Turismo de Galicia ultima a súa participación na principal feira sectorial nacional. Unha edición máis, a caseta de Galicia contará cun espazo de reunións que estará xestionado polo Clúster e no que os profesionais do sector que así o desexen poderán manter os seus encontros cos operadores turísticos nacionais e internacionais. Así, o Clúster xestionará a axenda das 14 mesas de traballo nas que se articularán encontros en franxas de 30 minutos por cada reunión. Para solicitar o uso destas mesas os profesionais poderán solicitar reservas de hora para as mesas, indicando a súa empresa e o operador co que se van a reunir a través dun correo a fitur@clusterturismogalicia.com. Ademais, na propia feira, terán á súa disposición a dúas persoas que se encargarán da xestión destas citas e o control das mesas.

Presentacións no stand de Galicia
Ademais da participación e presenza activa dos diferentes asociados do Clúster Turismo de Galicia no programa de presentacións que acollerá a caseta de Galicia ao longo do tres días de feira profesional, o venres 19 o Clúster Turismo de Galicia protagonizará a súa propia presentación. Baixo o título “Novas iniciativas para a comercialización do Turismo en Galicia”, o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, fará un repaso dos produtos turísticos impulsados polo CTG en colaboración cos seus asociados e con Turismo de Galicia co obxectivo de mellorar a comercialización da oferta turística galega a través da diferenciación, a formación e a especialización en nichos de mercado como o turismo activo, o enoturismo ou o turismo familiar.
Por último, cabe destacar que o CTG tamén estará presente noutras actividades que se desenvolverán no marco do extenso programa de Fitur 2018, como o Foro de Liderado Turístico de Exceltur, os Foros de Turespaña ou nos premios OMT de Turismo Sustentable.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn
ACTUALIDADE
24-4-2018

A Federación de Hostalaría de Pontevedra impulsa a promoción da Feira do Viño do Ribeiro

24-4-2018

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "asistencia técnica para a organización dunha misión comercial na Feira Internacional WTM London 2018" coa colaboración da Xunta de Galicia -Axencia Turismo de Galicia.

24-4-2018

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "asistencia técnica para a organización dunha misión comercial na Feira Internacional WTM London 2018" coa colaboración da Xunta de Galicia -Axencia Turismo de Galicia.

23-4-2018

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "asistencia técnica para o desenvolvemento do proxecto Galicia Friendly" coa colaboración da Xunta de Galicia -Axencia Turismo de Galicia.