Ourense acolle o I Semana Vitivinícola de Galicia con actividades formativas e de divulgación do viño

Semana vitivinicola-evega

Ourense acolle o I Semana Vitivinícola de Galicia con actividades formativas e de divulgación do viño

Impulsada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), o I Semana Vitivinícola de Galicia celebrarase do 5 ao 8 de xuño en Ourense, unha cita que nace co obxectivo de ser unha gran cita co sector do viño galego e para a que se concibiu un completo programa que combina actividades formativas e divulgativas en torno ao viño. A súa celebración coincide, ademais, co I Encontro de Viticultura Galicia-Norte de Portugal, que se celebra o 6 de xuño no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na que se darán cita 40 investigadores de ambos os territorios co obxectivo de establecer pautas de colaboración e guías de actuacións conxuntas que sirvan para a modernización da viticultura galega.

Para esta xornada o prazo de inscrición estará aberto ata o día anterior mentres que para o conxunto da Semana Vitivícola é necesario consultar o programa, xa que hai actividades con entrada libre e outra previa inscrición ata completar aforamento. A xornada principal será o 8 de xuño e require inscrición previa. Será de carácter práctico e busca formar expertos catadores en análise sensorial na percepción de viños con novos procesos. Será no Liceo. Tamén haberá formación en mercadotecnia, novas tecnoloxías e relatoras noutras mesas redondas. Os interesados poden obter máis información e inscribirse en http://evega.xunta.gal/

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn