Ourense acolle o cume europeo de Cidades Termais Históricas

Encuentro Ciudades Termales en Ourense 2018

Ourense acolle o cume europeo de Cidades Termais Históricas

A cidade das Burgas acolleu esta semana a celebración da asemblea da Asociación de Cidades Termais Históricas de Europa (EHTTA), un encontro que reúne aos representantes dos principais territorios termais europeos e que supón unha “oportunidade de cooperación e dinamización que sitúa á provincia de Ourense ao máis alto nivel no ámbito termal”, segundo puxo de manifesto o presidente da Deputación de Ourense e vicepresidente da EHTTA, Manuel Baltar.

Ao redor da celebración da propia asemblea, que reúne en Ourense a medio centenar de delegados das Cidades Termais Históricas de Europa, organizáronse estes días un gran número de actividades vinculadas ao termalismo, desde unha exposición “Itinerario europeo do patrimonio termal, até unha serie de sesións e relatorios sobre a actualidade do termalismo, así como a realización de visitas a diferentes enclaves termais da cidade e da provincia. O venres os participantes visitará á Ribeira Sacra e o balneario de Laias Caldaria, participando nunha presentación de programas de termalismo.

Ademais, e previamente á celebración da propia Asemblea, a cidade das Burgas tamén acolleu un foro de debate e innovación en materia termal, no que participaron un gran número de expertos procedentes de Turismo de Galicia, da Universidade de Vigo, do Instituto Xeográfico e Mineiro de España, así como destacados consultores tanto de Galicia, como de Portugal ou Francia que debateron achega do turismo sustentable, a geotermia, experiencias de cooperación no ámbito da auga, aproveitamentos enerxéticos dos mananciais, protección dos recursos naturais e o Plan Termal de Ourense.

O foro contou tamén coa participación do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e Giuseppe Bellandi, presidente da EHTTA. Precisamente, Bellandi subliñou a importancia deste cume “para a posta en común de proxectos termais que suporán unha oportunidade competitiva para os nosos territorios”.

A Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa, entidade á que pertence a Deputación de Ourense, é a rede termal máis importante de Europa, integrada por cidades como Baden Baden, Bath, Budapest, Vichy e a propia capital de Ourense, unha das fundadoras, á vez que ma for parte do Itinerario Cultural Europeo das Cidades Históricas Termais.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn