O Turismo de Galicia promocionarase un ano máis na ITB de Berlín

O Turismo de Galicia promocionarase un ano máis na ITB de Berlín

itb_home_doppel_kachel_HomeDoubleWide-enPor segundo ano consecutivo, o Clúster Turismo de Galicia estará de novo presente nunha das feiras internacionais de maior peso para o sector turístico, nesta ocasión cun espazo de traballo a disposición dos asociados

 

Baixo o paraguas da Axencia de Turismo de Galicia, o Clúster do Turismo de Galicia voltará ter presenza na ITB Berlín, un dos certames turísticos de maior calado do sector turístico mundial, que se desenvolverá na capital alemana do 4 ao 8 de marzo. Nesta ocasión, a delegación do Clúster do Turismo de Galicia, que se desplazará ata alí contará tamén cun espazo de traballo onde desenvolver os seus contactos comerciais, de xeito moi similar a como se levou adiante en FITUR, poñendo unha vez máis de manifesto a aposta pola colaboración público-privada como medio de desenvolvemento e mellora do sector do turismo na nosa comunidade.

Neste evento dedicado ao Turismo en xeral, Turismo de Galicia, ademais de manter numerosos encontros con axentes de viaxe e turoperadores interesados en Galicia, promocionará, ademais a ampla oferta turística da Comunidade galega, facendo fincapé naqueles recursos e produtos de especial interese para o mercado alemán, como é o Camiño de Santiago e o resto de experiencias turísticas que ofrece Galicia cos seus correspondentes paquetes de comercialización: Paseando entre Viñedos, Mananciais de Galicia, Turismo Mariñeiro, Santuarios Máxicos, Faros e Praias Salvaxes, Ruta da Camelia, Bosques de Galicia, Patrimonio Oculto e Lugares Únicos. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, manterá durante os días do certame diferentes reunións e encontros con diversos turoperadores e axentes de viaxes co obxectivo de establecer novos contactos comerciais, tanto con aqueles turoperadores que xa traballan o destino Galicia coma con aqueles que teñen previsto incluír a nosa comunidade entre a súa oferta.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn