Novas xornadas para reivindicar a gastronomía lucense

apehl Jorndas gastronómicas

Novas xornadas para reivindicar a gastronomía lucense

 A Deputación de Lugo, a Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo ( APEHL), representantes de empresas gastronómicas, das asociacións de produtores, das Indicacións Xeográficas Protexidas e das Denominacións de Orixe Lucenses acordaron a creación de xornadas gastronómicas anuais para poñer en valor a gastronomía lucense. A previsión é que se organicen para o próximo mes de abril e que teñan carácter anual, co obxectivo de dinamizar a actividade do sector servizos, mediante a degustación en restaurantes de toda a provincia de produtos acreditados con selo de calidade.

Todas as entidades participantes coincidiron en destacar o papel fundamental que xoga a gastronomía e no caso concreto de Lugo, os produtos típicos da provincia, que son un valor en alza e que están intrinsecamente unidos á economía en toda a provincia. Trátase, en definitiva, dun paso máis por parte da Deputación de Lugo de usar o elemento gastronómico e os produtos autóctonos de calidade como atractivos turísticos para promocionar a provincia. “A gastronomía é clave para o desenvolvemento. Nun territorio onde cultura, tradición e diversidade van da man, a gastronomía constitúe un importante factor de promoción económica, social, turística e cultural”, destacaron desde a Deputación. Entre os obxectivos destas xornadas gastronómicas tamén se atopa a desestacionalización de produtos, como un incentivo máis que contribúa a xerar riqueza na provincia. O fin é dar continuidade á promoción de produtos fóra das épocas propias de produción.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn