Nova oficina de turismo no aeroporto de Santiago

Punto_de_Informacion_turistica_Aeropuerto_santiago_de_compostela_foto_1

Nova oficina de turismo no aeroporto de Santiago

Santiago de Compostela estrea nova oficina de turismo, situada no vestíbulo de chegadas do Aeroporto de Lavacolla. Trátase dunhas instalacións cunha superficie de 100 m² que está compartida entre a Xunta e o Concello de Compostela. Con elas preténdese mellorar a calidade na atención dos viaxeiros e peregrinos que chegan a Galicia a través deste aeroporto, o de maior fluxo de chegadas de Galicia cun volume de 2.723.296 pasaxeiros o pasado ano (3% máis que en 2017).

Así, os peregrinos, turistas e usuarios atoparán ao baixar do avión asesoramento dos recursos e atractivos da nosa terra, eventos, aloxamento, horarios ou transportes. Esta nova oficina de turismo contou cun orzamento de máis de 150.000 euros e conta cun deseño actual a cargo do Goberno autonómico, co obxectivo de facilitar a información de todos os recursos e os atractivos da Comunidade, así como eventos e actividades de interese, aloxamento, guías e axencias de viaxes, restaurantes, transporte, horarios de atención ou rutas, entre outros.

Reforzo das oficinas
Estas novas instalacións súmanse á oficina de turismo da praza de Mazarelos e á existente no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino de cálea Carretas. Este tres instalacións forman xa parte dos obxectivos fixados na Estratexia do Turismo de Galicia 2020, acordada co sector en favor dun turismo de calidade e responsable.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn