Nova misión comercial galega á ITB Berlin

ACTIVIDADES
mISIÓN COMERCIAL ITB Berlin

Nova misión comercial galega á ITB Berlin

O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional de turismo ITB Berlín, que terá lugar do 4 ao 8 de marzo de 2020. A misión comercial iniciarase o martes 3 de marzo, e finalizará o venres 6 de marzo. A misión estará composta por un total de 25 profesionais do sector que deberán solicitar a súa inscrición antes de 10 de febreiro a través dun correo a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese e incluíndo os datos persoais (nome, apelidos, DNI, teléfono e correo electrónico) así como os datos de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF), para efectuar a prereserva.

Tal e como ocorreu en WTM, nesta misión non se contará cun servizo de xestión de axenda externo. No entanto, o CTG prestaralles apoio a través da entrega dun informe exhaustivo do mercado alemán. Ademais, no marco da feira ITB Berlín, organízase o “ITB Speed Networking”, evento no que compradores e expositores poden establecer novos contactos comerciais, que se celebrará o 5 de marzo no City Cube, Level B, entre as 9:30 e as 11:00 horas. Aqueles que desexen participar no Speed Networking deberán tamén enviar un correo electrónico manifestando o seu interese e incluíndo os datos de contacto (nome, apelidos, teléfono e correo electrónico) antes do venres 31 de xaneiro ás 12:00 horas. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de solicitude.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn