Nova liña de axudas para a creación de iniciativas turísticas conxuntas que dinamicen o rural galego

RECURSOS
bici camino

Nova liña de axudas para a creación de iniciativas turísticas conxuntas que dinamicen o rural galego

Baixo a premisa de impulsar a posta en marcha de proxectos que poña en valor e axuden a dinamizar turísticamente o rural galego, Turismo de Galicia abre unha nova liña de axudas para a creación de iniciativas innovadoras conxuntas impulsadas por pequenos operadores turísticos que traballen conxuntamente en propostas encamiñadas ao desenvolvemento e comercialización do turismo en pequenos núcleos de poboación.

Dotada cun orzamento de 600 mil euros, a iniciativa pretende formentar así a cooperación entre microempresas radicadas nos rural galegos para a posta en marcha de proxectos orientados á comercialización de produtos turísticos que cumpran cos requisitos propostos pola administración pública.

Así, os produtos turísticos obxecto das axudas terán que ter carácter innovador e deberán axustarse a algunha das seguintes liñas temáticas: produtos cabeceira de marca de Galicia, produtos destinados á creación de oferta de turismo familiar ou senior, produtos destinados á xeración dunha oferta distintiva que se acomode ao concepto “que facer en Galicia cando chove”, produtos ou rutas innovadoras e de descubrimento de novos nichos de mercado, produtos construídos baixo a idea da “cultura celta de Galicia” ou produtos baseados na creación de fins de semana, pontes ou outros períodos temporais de carácter temático.

Paquetes vinculados ao Camiño de Santiago

Ademais, inclúense os produtos que articulen unha proposta de aloxamentos coordinados entre si para realizar por etapas os distintos Camiños de Santiago en Galicia, incluíndo servizos de mantemento e transfers que faciliten un paquete integral aos peregrinos.

Así mesmo, no marco da acción “Máis aló do Camiño” incluída no Plan Director do Camiño de Santiago, inclúese a creación e promoción de paquetes turísticos que incentiven aos peregrinos a quedar na nosa comunidade para coñecer outros aspectos da súa oferta turística distinta da Ruta Xacobea.

Réxime competitivo e conceptos subvencionables

A concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva valorándose de maneira positiva que as empresas implicadas na iniciativa sexan máis de dúas, que os produtos contribúan a desestacionalización do turismo galego, que a empresa solicitante certifique o seu compromiso pola calidade, a oferta de produtos turístico accesibles así como a innovación e a singularidade.

A intensidade da axuda conseguirá como máximo o 70% non pudendo superar a contía dos 30.000 euros e serán gastos subvencionables a edición de folletos e outros soportes de promoción e difusión, a organización de xornadas e realización de campañas de promoción, as viaxes de promoción e familiarización, o desenvolvemento dos Tics na xestión así como o material inventariable ?bicicletas, parques infantís, material deportivo, educativo, equipamento de oficina, envases ou packaging- e funxible derivado da posta en marcha dos novos produtos.

Canle de axudas de Turismo.gal

Consulta a resolución do DOGA da nova línea de axudas

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn