Noia acolle un curso da Universidade da Coruña sobre os retos turísticos de futuro para o sector turístico galego

curso de verano+

Noia acolle un curso da Universidade da Coruña sobre os retos turísticos de futuro para o sector turístico galego

Sustentabilidade, dixitalización e calidade son os retos máis importantes que ten por diante o turismo en Galicia, que ano a ano, crece e consolídase como destino turísticos. Do mesmo xeito faio o xeodestino Muros-Noia que do 17 ao 19 de xuño acollerá o curso de verán da Universidade da Coruña “Retos do turismo en Galicia: dixitalización, sustentabilidade e calidade”, orientado tanto a alumnos como titulados en turismo e a profesionais do sector, co obxectivo de que continúen a súa formación e adquiran destrezan que lles axuden a planificar os recursos e a expor servizos de maneira que se constrúan produtos turísticos atractivos, eficientes e sustentables que repercutan de maneira positiva tanto no sector como no conxunto do tecido socioeconómico do territorio.

O programa do curso inclúe relatorios nas que se analizará a transformación que vive o sistema turísticos galego no contexto actual, así como tendencias, oportunidades, retos e dificultades ás que se enfronta o sector así como relatorios para dotar aos profesionais de ferramentas TIC que lles permitan afrontalos con éxito. Non faltarán debates ao redor da turisfobia, a gentrificación ou a evolución dos aloxamentos, coa irrupción de plataformas como AirBnB, sen esquecer a calidade como elemento diferenciador.

Máis información sobre o curso

Inscricións

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn