Mellora a rendibilidade e o emprego nos destinos urbanos galegos

Barometro rentabilidad Exceltur

Mellora a rendibilidade e o emprego nos destinos urbanos galegos

Segundo recolle o último barómetro dos destinos turísticos españois elaborado por Exceltur

Segundo recolle o barómetro de rendibilidade e emprego dos destinos turísticos españois elaborado por Exceltur para o primeiro cuadrimestre do ano, os indicadores turísticos das cidades españolas continúan mostrando síntomas de clara recuperación, que se estende xa durante máis de dous anos, aínda que neste primeiro cuadrimestre de 2016 a ritmos lixeiramente máis moderados que os rexistrados ao peche de 2015.
Concretamente, os ingresos alojativos crecen un 10,3% de xaneiro a abril de 2016 respecto ao mesmo período do ano anterior, situándose o nivel medio de RevPAR nos 50,9€, aínda 2€ por baixo dos niveis anteriores á crise (2008), segundo o INE. Neste contexto de mellora de ingresos, o turismo seguiu xerando emprego nas cidades a un ritmo que se elevou até o 6,5% no devandito período, o que supón a creación de 14.172 postos de traballo nas 53 cidades cuxa información recolle este Barómetro.
No caso concreto dos destinos urbanos analizados en Galicia, o informe recolle a recuperación de prezos e cifras de emprego en Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela, aínda que seguen en cifras pre crises. Así, destaca Lugo (+26,3%, 17,6€ en RevPAR e +15,3% en emprego), A Coruña (+25,7%, 25,1 en RevPAR e +7,7% en emprego) e Santiago de Compostela (+9,8%, 18,2€ en RevPAR e +2,5% en emprego),

Segundo recolle o informe de Exceltur, a notable mellora da rendibilidade socioeconómica nos destinos urbanos débese ao forte aumento do turismo de negocios nacional e estranxeiro, ademais da un incremento das escapadas de lecer, principalmente estranxeira, moi impulsada polo crecemento da conectividad aérea, e naquelas cidades de costa polos reflujos de turistas debido á inestabilidade xeopolítica nos nosos principais mercados competidores orientais.

Nestes primeiros meses de 2016 son 42 dos 54 destinos urbanos analizados no presente barómetro nos que se percibe un incremento tanto nos niveis de rendibilidade como nos de emprego,
sendo máis intenso nas cidades medias que máis sufriron durante a crise, situadas no terzo norte e no interior peninsular.

Descarga o informe completo

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn