Máis de cincuenta persoas participaron nunha nova xornada de Camiñando entre viñedos

CaminandoEntreVinhedos03

Máis de cincuenta persoas participaron nunha nova xornada de Camiñando entre viñedos

Máis de medio centenar de persoas participaron onte na xornada Camiñando entre viñedos organizada pola Ruta do Viño Rías Baixas, unha xornada de sendeirismo de dificultade baixa e percorrido de 7 quilómetros que levou aos seus participantes a coñecer en contorna do Salnés e dúas adegas emprazadas no percorrido, Lagar de Pintos e Palacio de Fefiñanes.
O punto de inicio foi a adega asociada á Ruta do Viño Rías Baixas Lagar de Pintos, en Ribadumia. A primeira parada realizouse noutra das adegas socias Casa da Barca, xa no municipio de Cambados. Alí os senderistas participaron nunha visita guiada ás instalacións, onde puideron coñecer de primeira man a elaboración dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. O percorrido finalizou en pleno corazón da capital cambadesa coa visita guiada ás instalacións e viñedos e un aperitivo en Adegas do Palacio de Fefiñanes.

Entre as próximas actividades, que se desarrollán nos próximos meses, atópanse unha ruta de bici en familia, ademais dunha nova edición da carreira BTT Ruta do Viño Rías Baixas, todas elas adoitan ocupar rapidamente as súas prazas.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn