Máis de 25 encontros múltiples agendados entre profesionais do sector turístico galego e turoperación internacional

ACTIVIDADES
20171107_141940

Máis de 25 encontros múltiples agendados entre profesionais do sector turístico galego e turoperación internacional

A través do servizo de axenda ofrecido polo Clúster Turismo de Galicia aos empresarios que participaban na misión comercial á World Travel Market, nesta edición hanse agendado algo máis de 25 encontros profesionais conxuntos nos que participaron de 3 a 5 empresas galegas que puideron así presentar as súas características, oferta e particularidades aos diferentes turoperadores cos que se celebraban os encontros.
O obxectivo desta axenda é que os empresarios poidan aproveitar ao máximo a súa estancia na feira e, para iso, facilítaselles información previa do perfil da empresa coa que se mantén o encontro, ademais de facerlle un posterior seguimento aos encontros iniciais establecidos durante os días da feira. Ademais, moitos dos participantes na misión comercial á feira londiniense, a de maior relevancia internacional para o sector das viaxes e a turoperación, manteñen unha axenda propia e participan tamén no workshop de Hosted Buyers que ofrece a feira polo que multiplican os seus contactos e encontros profesionais.
En canto ao perfil dos empresarios que participaron na misión comercial galega que se desenvolveu baixo o paraugas de Turismo de Galicia e dentro da caseta de Turespaña, a maior parte corresponden a empresas de turoperación e aloxamentos hoteleiros ou casas de turismo rural pero tamén viaxaron empresas vinculadas ao turismo activo, turismo náutico ou restauración co obxectivo de seguir traballando en prol da internacionalización da oferta turística galega.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn