Máis de 200 ciclistas participaron na BTT Ruta do Viño Rías Baixas

Salida BTT 2019

Máis de 200 ciclistas participaron na BTT Ruta do Viño Rías Baixas

Meis acolleu a cuarta edición desta iniciativa que aúna deporte e enoturismo, nun percorrido que atravesaba tres adegas asociadas e paraxes naturais da subzona do Salnés

Máis de 200 persoas déronse cita en Meis para participar na 4ª BTT Ruta do Viño Rías Baixas, a marcha cicloturística organizada pola Ruta do Viño Rías Baixas que une anualmente deporte e enoturismo nun percorrido de 40 quilómetros entre viñedos, adegas, fermosas contornas naturais e vistas de excepción. O itinerario comprendeu o paso polo viñedo Pé Redondo  -da adega asociada Martín Códax-, cruzou polas instalacións e viñedos da adega Mar de Frades e habilitou un dos seus puntos de avituallamiento na adega Terra de Asorei, destacando ademais o seu paso por un tramo da Ruta da Pedra e da Auga e a contorna do Mosteiro de Armenteira.

O gañador absoluto foi José Gómez Vestilleiro, aínda que entre os primeiros postos non faltaron o tres embaixadores desta marcha cicloturística: Lara Lois, Ramón Mella e Ramón Troncoso. Todos eles recibiron un agasallo pola súa implicación co desenvolvemento e promoción desta actividade. Para finalizar esta xornada de enoturismo e deporte, ofreceuse un ágape ás persoas participantes. Ademais, todas elas levaron de agasallo unha camiseta conmemorativa da actividade e unha botella de viño Rías Baixas elaborado por adegas asociadas.

Desde a Ruta do Viño Rías Baixas mostraron a súa “satisfacción pola boa resposta obtida a esta actividade. As valoracións xerais das persoas participantes han resultado en grao sumo positivas”, conclúen. Unha xornada diferente cun percorrido que deixou moi bo recordo entre todos os amantes do enoturismo e deporte que deron cita en Meis.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn