Manzaneda acolle o primeiro Congreso Galego de Neve e Montaña

congreso neve e montaña

Manzaneda acolle o primeiro Congreso Galego de Neve e Montaña

A Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda acolle os días 9 e 10 de abril o I Congreso Galego de Neve e Montaña. Integrando seguridade, deportes, natureza e desenvolvemente sostible, no que se abordará de maneira multidisciplinar os retos aos que se enfronta as actividades deportivas, laborais e económicas que se desenvolven nas zonas de alta montaña. Organizado polo concello de Manzaneda en colaboración con Turismo de Galicia, o congreso pretende dar cita aos diferentes axentes e empresas de diferentes sectores implicadas nas actividades que se desenvolven neste tipo de áreas, con frecuente presenza de neve.

Pola súa banda a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou a gran importancia de contar cunha estación de montaña como a de Manzaneda que permite agregar a práctica deportiva ao goce das paisaxes da zona. Neste sentido, Castro destacou a gran aposta de Manzaneda por xerar un turismo sustentable, un dos retos que estable do Plan Integral de Turismo de Galicia. Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia destacou que o Concello de Manzaneda, “pioneiro no fomento da formación e desenvolvemento turístico sustentable”, está a contribuír a conseguir este reto. Así mesmo, Nava Castro sinalou que é fundamental que as empresas e profesionais do sector traballen tamén en base a este modelo de protección dos recursos.

Dirixido ao público xeral, o prezo de inscrición do congreso é de 95 euros por persoa, excepto para as inscricións de grupo, nas que o prezo por persoa pasa a ser de 75 euros/persoa. Para ampliar información ou inscribirse, os interesados poden enviar un correo electrónico a cleperez@hotmail.com.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn