Os trens turísticos galegos pechan agosto cunha ocupación do 80%

trenes turísticos

Os trens turísticos galegos pechan agosto cunha ocupación do 80%

Aínda que o programa Galicia a todo tren bala continúa en funcionamento até o mes de outubro, os resultados ao longo da tempada estival son moi positivos, pechando o mes de agosto cunha ocupación media do 80%. As rutas máis demandas ao longo dos meses de xuño e agosto son as Rutas dos Faros, cun 99,7% de ocupación, a a Ruta dos viños da Ribeira Sacra, co 97,04%, e a dos Pazos e xardíns históricos, co 88, 46%. Ademais, as rutas que circulan en fin de semana, como a dos Faros e Valdeorras-Ribeira Sacra marcan moi bos resultados.

Até finais deste mes os billetes vendidos no programa deste ano no conxunto da iniciativa foron 2.032, 50 máis que en todo o ano 2015. E aínda lle restan dous meses de funcionamento ao programa, polo que é de prever que estas cifras melloren. Durante este tempo seguirán en funcionamento o nove rutas coas que conta Galicia, coma unha bala, entre elas o Tren Termal e o Camiño do Norte, que comezaron a circular este ano por vez primeira.

O Tren termal e do Camiño do Norte a Santiago circulará entre A Coruña e Lugo os días 1 e 22 de outubro e mostrará a riqueza termal galega, como a do balneario de Guitiriz, o Camiño do Norte, declarado Patrimonio da Humanidade en 2015, e a cidade de Lugo.

O Tren da Ruta da Lamprea e o Viño do Condado tivo saída desde Santiago de Compostela o día 2 de xullo, e volverá circular o 17 de setembro. Este tren achega aos visitantes ás beiras do río Miño, dando a coñecer un patrimonio etnográfico centrado na lamprea.
Cada unha do nove rutas pódese realizar nun día e, ademais da viaxe en tren, ofrecen desprazamentos en autobús de ida e volta entre a estación de ferrocarril e o recurso turístico a visitar, xunto con actividades complementarias como rutas en catamarán e acceso e visitas guiadas especializadas a xardíns, adegas ou museos. Desta maneira, a iniciativa permite descubrir diferentes zonas de Galicia dunha maneira única.

A oferta deste programa complementouse, un ano máis, co Tren do peregrino, o Tren dos balnearios e o programa Galicia Rail Pass, a través dos cales se pode, respectivamente, vivir a experiencia do Camiño de Santiago, gozar do termalismo galego ou desprazarse en tren por toda Galicia para coñecer os seus múltiples recursos.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn