Os trens turísticos de Galicia estrean en 2019 unha ruta por “os Camiños de Santiago”

cartel trenes turísticos galicia galicia2018

Os trens turísticos de Galicia estrean en 2019 unha ruta por “os Camiños de Santiago”

Cos preparativos do próximo Xacobeo 2021, os Trens Turísticos non podían se non incorporar entre as súas novidades para este ano, unha ruta polos Camiños de Santiago. A ruta percorrerá catro dos dies itinerarios xacobeos e servirá tamén para reforzar a Ruta dos Mosteiros, iniciada a tempada pasada, ao incluír neste novo itinerario “dous importantes exemplos do extenso e rico patrimonio monacal galego, ambos estreitamente vinculados aos camiños xacobeos de peregrinación”.
Así, o novo percorrido busca fomentar o descubrimento de “gran parte do patrimonio galego a través de diferentes tramos do Camiño Inglés, do Camiño do Norte, do Camiño Francés e do Camiño Primitivo”: saíndo da cidade da Coruña (Camiño Inglés) achegarase ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes (Camiño do Norte), á cidade de Lugo (Camiño Primitivo) e ao mosteiro de Samos (Camiño Francés). A nova edición dos Trens Turísticos de Galicia manterá presentes as xa coñecidas Ruta dos Faros, Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, Ruta da Lamprea, a Ruta Ourense Termal e Versalles galego, os seis trens turísticos que percorren os territorios de cada unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra –en ambos os ríos, Sil e Miño–, O Ribeiro e Valdeorras), así como a Ruta dos Mosteiros que, tras o éxito do ano pasado co 100% de ocupación, duplicará as súas saídas nesta edición. En total, os viaxeiros poderán gozar nesta edición de ata 12 itinerarios temáticos diferentes, que farán un total de 57 saídas entre os meses de xuño e outubro e que suman máis de 16.000 quilómetros de percorridos polas catro provincias.
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn