Os recursos naturais centran a aposta da Xunta para este ano en Fitur

ACTIVIDADES
Galicia natural y unica

Os recursos naturais centran a aposta da Xunta para este ano en Fitur

Unha das grandes novidades deste ano na caseta galega era a presenza dun módulo diferenciado, promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza que, baixo a marca ‘Patrimonio Natural de Galicia’, informaba os grandes atractivos naturais da nosa comunidade con vistas a diversificar a oferta e favorecer o desenvolvemento das áreas de influencia destes enclaves de alto valor ecolóxico.

Baixo a máxima ‘Galicia, natural e única’, a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, foi a encargada de explicar tanto este módulo como a aposta da Xunta polo valor paisaxístico do territorio galego centrado en 17 recursos convertidos en ‘imáns’ para atraer turistas, especialmente turistas activos e vinculados ao goce da natureza e a paisaxe. Así estes 17 espazos cobren un radio de acción de polo menos entre 30 e 50 quilómetros co obxectivo de dinamizar economicamente as zonas nas que se atopa situada cada xoia natural incluída na lista que está conformada por: o Parque Nacional Illas Atlánticas, o seis parques naturais (Fragas do Eume, Complexo Dunar de Corrubedo , Lagoas de Vixán e Carregal, Monte Aloia, Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra de Enciña da Lastra); o Monumento Natural da Praia das Catedrais; espazos da Rede Natura (Carnota-Monte Pindo e Ribeira Sacra-Canóns do Sil) e o seis reservas da biosfera (os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, o Río Eo, Oscos e Terras de Burón, Área de Allariz, as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Terras do Miño e a tranfronteriza Xurés-Gerês).

Ademais, a Consellería tamén presentou en Fitur a nova plataforma web e aplicación móbil www.parquesnaturais.xunta.gal posta en marcha recentemente en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e que inclúe información práctica sobre como chegar aos espazos naturais, rutas e servizos dispoñibles.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn