Os empresarios turísticos galegos manteñen boas expectativas para o peche do ano, segundo Exceltur

exceltur

Os empresarios turísticos galegos manteñen boas expectativas para o peche do ano, segundo Exceltur

Galicia sitúase como a 7ª comunidade con mellores previsións de crecemento para o cuarto trimestre do ano

O informe recolle tamén as conclusións do ano, con bos resultados para territorios da costa

Mentres en España cae a previsión de actividade do sector turístico nalgúns dos seus territorios, en Galicia tres de cada catro empresarios do sector preven manter ou mellorar os seus resultados este outono, segundo recolle o último informe de Exceltur sobre Perspectivas turísticas, no que se reflicte que o territorio galego non prevé verse afectado por elementos que si contribuíron a desequilibrar o sector turístico noutros territorios nacionais, como a quebra de Thomas Cook ou a incerteza derivada do Brexit.

O informe elaborado pola patronal hostaleira indica, ademais, que Galicia é a sétima Comunidade con mellores expectativas, segundo Exceltur, Alianza para a Excelencia Turística, que representa as relevantes empresas do sector. As previsións de melloría son xeneralizadas na maior parte das autonomías, aínda que as expectativas do sector galego superan amplamente a media española, que se sitúa nun 56%. Do mesmo xeito, o Índice de Confianza Turístico Empresarial no Sector Aloxamento (ICTUR) sitúase na nosa Comunidade en positivo, na 7,9% fronte ao valor negativo -3,8% rexistrado a nivel estatal.

Así, destinos de interior como as comunidades de Castela-A Mancha e Navarra, xunto con grandes cidades, como é o caso de Madrid, Barcelona, Valencia ou algunhas outras andaluzas, contemplan as mellores perspectivas de crecemento do sector para este ano, aínda que con incrementos máis moderados, segundo a enquisa de Exceltur mentres que destinos como Canarias ou Baleares prevén descensos notables, sobre todo por efecto da crise xerada por Thomas Cook. Exceltur revisou outra vez á baixa a súa estimación de crecemento da actividade turística para este ano. Agora chegaría até o 1,4% partindo do 1,6% con cálculos de xullo, dada a peor evolución da demanda estranxeira e o rexurdimento de destinos competidores, xunto ao impacto desfavorable da quebra de Thomas Cook e a un menor dinamismo da demanda española.

Balance do verán
O informe de Exceltur recolle ademais a valoración dos empresarios turísticos sobre o terceiro trimestre do ano, correspondente aos meses do verán. Neste período, o sector da Comunidade percibiu un aumento xeneralizado dos principais indicadores analizados (emprego, beneficios, venda, reservas e prezos), destacando especialmente os resultados obtidos en cidades como Coruña (15,9% respecto de xullo-agosto de 2018) e na costa das comunidades da España Verde que se viu igualmente favorecido pola demanda española e, aínda que en menor volume, polo bo comportamento da estranxeira nestes territorios. É o caso de de Costa da Morte (o RevPar sobe o +20,7%), das Rías Altas (+20,5%), da Costa Lucense (+12,0%) da Costa Guipuscoana (+6,5%), a Costa Biscaíña (+4,7%) e a Costa Verde (2,4%) e as Rías
Baixas (+0,5%).

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn