As tres universidades galegas, responsables do diagnóstico da Estratexia2020

diagnóstico Estratexia2020

As tres universidades galegas, responsables do diagnóstico da Estratexia2020

Neste traballo fíxose unha análise dos recursos e produtos existentes, posicionamento da marca Galicia, reputación en liña, grao de coñecemento e implantación dos selos de calidade, capacidade de innovación e implementación das novas tecnoloxías…

Entre os resultados alcanzados destaca:

1. Necesidade de traballar reputación en liña, SÉ e SEM conxuntamente e coñecer mellor o perfil do turista que nos visita, a través das propias ferramentas que nos ofrecen as diferentes plataformas onde Turismo de Galicia ten presenza.
2. O uso da relación calidade/medio ambiente como variables de imaxe de marca (cuestións comerciais) senón tamén hai que ter en conta que a súa xestión nos axudará a mellorar a organización empresarial, responder as expectativas dos clientes internos e externos e mellorar os seus niveis de satisfacción, favorecer a xestión ambiental e lograr un clima laboral máis san e seguro, así como, potenciar os recursos endóxenos do contorno local e natural.
3. O control do intrusismo é outro tema clave. Este control debe de ser exercido polo sistema público. De maneira complementaria, o sector persoal debe de concienciarse da importancia da satistacción do cliente e da xestión da reputación on/off line dos establecementos turísticos.
7. Planificación cortopracista e plans de desestacionalización que ata o de agora non resultaron eficaces.
8. Capacidade limitada de innovación do tecido empresarial turístico galego.Necesidade de apertura de novos mercados e desenvolvemento de novos produtos/servizos, formación e innovación nos sistemas de vixilancia e eficiencia ambiental, uso de enerxías renovables,

O diagnóstico das universidades galegas tamén recolle os públicos potenciais de captación para o turismo galego: seniors e milenials, segmentos os nichos de mercado con capacidade de crecer e que teñen a as súas propias necesidades e que buscan destinos con criterios de sostenibilidade, aventura, con alto grao de autentecidad e personalización

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn