As empresas de turismo activo de Galicia planifican o seu 2019

Agetan-asemblea-280319

As empresas de turismo activo de Galicia planifican o seu 2019

As empresas de turismo activo, de aventura e de natureza de Galicia agrupadas na Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, de Aventur e de Natureza, AGETAN, celebrou a súa asemblea genereal anual co obxectivo de definir a súa planificación para o que resta do ano.

Entre as decisións tomadas na asemblea destacan unha serie de medidas de face a potenciar a súa visibilidade como asociación como a renovación da web. Outra das propostas que se incluirá no Plan de Acción 2019 pasa por seguir fomentando a formación dos profesionais que integran a asociación, polo que están a planear a posta en marcha de accións formativas concretas así como a posta en marcha dunha xornada de reflexión sobre o decreto que regulará a actividade de turismo activo, co fin de reflexionar e analizalo.

A batería de propostas que expuxeron os profesionais do turismo durante o encontro, inclúe tamén outras como a implantación de sistemas que lles permitan aumentar a competitividade do sector a través do uso do TIC.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn