A Xunta reforza a súa aposta polo turismo termal coa Cátedra de Hidroloxía Médica da USC

InauguracionCursoOia

A Xunta reforza a súa aposta polo turismo termal coa Cátedra de Hidroloxía Médica da USC

A Consellería de Cultura e Turismo apoia a formación no eido da saúde termal a través dun convenio de 40.000 euros anuais asinado ata 2021 coa Cátedra en Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago de Compostela, unha iniciativa formativa que reforzará a promoción e investigación neste campo e mellorará a calidade dos servizos cos que se atopan os viaxeiros interesados en actividades vinculadas ao benestar e saúde.

“Con este apoio impulsamos o sector da saúde termal en Galicia cunha formación de excelencia”, indicou Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia. Fíxoo durante a presentación dun curso de verán no que participa a mencionada cátedra, na localidade de Oia.

Este apoio entra dentro do Plan de Turismo Termal e no Plan de Turismo de Saúde e Termal de Galicia  que ten como obxectivos o aumento da capacidade de aloxamento dalgúns balnearios, a mellora na sinalización das vilas termais e a captación de visitantes interesados nestes recursos e na saúde.

Nava Castro aproveitou tamén para salientar que Galicia é a segunda rexión europea con maior riqueza en augas minerais e termais , cun gran potencial turístico. “Ademáis, conta coa primeira lei de España que regula o aproveitamento lúdico das augas termais”, informó.

A directora de Turismo de Galicia puxo de manifesto a aposta da Xunta polo turismo de benestar e a necesidade de colaboración entre balnearios, talasos, centros médicos, axencias de viaxe, prescriptores e administración.

 

 

 

 

 

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn