A Xunta incrementa un 30% as axudas para que sector e concellos accedan á certificación da Q de Calidade Turística

QdeCalidad

A Xunta incrementa un 30% as axudas para que sector e concellos accedan á certificación da Q de Calidade Turística

Cunha contía global de 130 mil euros, a Xunta de Galicia lanza unha convocatoria dirixida tanto á administración locais como ás empresas privadas para que aposten por esta certificación

A Xunta de Galicia acaba de lanzar a nova convocatoria de axudas para a certificación, seguimento e renovación das certificacións da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Como principal novidade respecto de convocatorias anteriores destaca o incremento dun 30% do orzamento respecto de edicións anteriores e o feito de que, por vez primeira, poderán concorrer tanto persoas físicas e xurídicas persoais como tamén, como novidade, os concellos.

Como se indica no DOG serán actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación de márcaa Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes a este ano e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2020. O prazo está aberto até o próximo 2 de abril.

En concreto, serán subvencionables os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría do ano 2020. Tamén serán subvencionables os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2020, unha vez conseguida a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

As subvencións financiaranse cun crédito global de 130.000 euros, dos que 40.000 corresponderán á categoría primeira, referida aos concellos, e 90.000 corresponderán á categoría segunda, correspondente coas entidades persoais. As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva. Como recolle a resolución do DOG, se as solicitudes presentadas por categoría non esgotan o crédito previsto, o crédito sobrante nunha categoría poderase destinar a outra categoría.

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn