A Xunta impulsará a Senda dos Faros para descubrir a paisaxe e o patrimonio do litoral galego

Camino y faro

A Xunta impulsará a Senda dos Faros para descubrir a paisaxe e o patrimonio do litoral galego

A través dun convenio fimado entre Turismo de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Fundación Galicia Sustentable por un importe de 212.000 euros, a Xunta de Galicia aposta polo desenvolvemento dunha rede de carreiros delimitados, accesibles e seguros para o uso e goce da sociedade

O convenio é de carácter bianual para o seu desenvolvemento ao longo deste ano e o seguinte co obxectivo de pór en valor os faros galegos e dinamizar as localidades polas que pase a Senda dos Faros, un itinerario de interese paisaxístico, en coherencia coa natureza e as funcións que lle outorgan as directrices de ordenación do territorio e o Plan de ordenación do litoral (POL). O desenvolvemento da Senda comezou en 2014 a cargo da Fundación Galicia Sustentable analizando o trazado da senda desde Tapia de Casariego (Asturias) até a Ponte da Amizade na fronteira con Portugal. Deséñase a partir de 56 etapas, das cales tres son insulares, tendo en conta aspectos paisaxísticos, de seguridade e de existencia de servizos, entre outros.

Agora, con este convenio preténdese articular esta senda con outros percorridos xa establecidos no litoral galego asentados na contorna no seu percorrido e que ofrecen un rico patrimonio cultural e etnográfico, con especial interese no seu imbricación coa Ruta Europea de Gran Percorrido que une San Petersburgo e Lisboa, posto que a incluiría na súa totalidade.

Por outra banda, o proxecto busca xerar un modelo de xestión integrado que leve a unha maior identificación dos galegos coa Senda dos Faros, pondo o valor os recursos territoriais do litoral e recuperando as conexións con ruta alternativas, que ás veces caen no esquecemento. Para conseguilo, levará a cabo un programa de actuacións e actividades que pasan pola creación dunha caracterización cultural e paisaxística, a realización dun proceso de participación pública que permita a identificación de problemas e a concreción de obxectivos e un modelo de xestión por proxectos entre os que se atopará o proxecto EduCamiño (programa didáctico orientado a centros formativos, asociacións locais e profesionais da xestión turística), o CoidaCamiño (acordos de custodia territorial e paisaxística) ou o MetaCamiño (para a documentación de actividades realizadas).

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn