A Xunta de Galicia anuncia un investimento de 7 millóns de euros para a ampliación e mellora da rede pública de albergues de face ao Xacobeo 21

albergue peregrinos teo

A Xunta de Galicia anuncia un investimento de 7 millóns de euros para a ampliación e mellora da rede pública de albergues de face ao Xacobeo 21

O Plan Estratéxico do Xacobeo 21 inclúe unha programación que será presentada a finais de ano e anticipa unha convocatoria de axudas para impulsar o turismo de congresos

A Xunta de Galicia destinará máis de 7 millóns de euros á ampliación e mellora da rede pública de albergues de face á celebración do próximo Xacobeo 2021, segundo avanzou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. O titular de Cultura e Turismo lembrou que, na actualidade, a rede pública da Xunta conta con 70 establecementos que ofrecen máis de 3.200 prazas ao longo de 1.500 quilómetros nos diferentes Camiños. Neste sentido, o plan prevé acometer actuacións de mantemento e reforma nos albergues públicos e levar a cabo a ampliación e creación de novos locais atendendo a criterios como a descentralización dos fluxos turísticos, priorizando as rutas en auxe, e apostando pola rehabilitación de edificios históricos cun elevado valor patrimonial e histórico. Rodríguez tamén anució o inminente inicio das obras de construción do albergue de Vigo, adxudicado por 1 millóns de euros, ou a ampliación do albergue de Pontevedra por case 200.000 euros.

Estas accións enmárcanse no Plan Estratéxico do Xacobeo 21 ao que se lle suman, entre outras, as accións de sinalización seguindo o calendario establecido no Plan Director do Camiño, no que a Xunta vén traballando desde o 2015 para preparar o Xacobeo 21 con antelación. Este ano, estes labores céntranse na Vía da Prata, na que se prevé actuar este outono con 3 millóns de euros para o seu acondicionamento mentres se traballa en diversas iniciativas que relancen a súa presenza entre os peregrinos. En 2020 será a quenda do Camiño de Inverno.

Estes traballos complétanse coas tarefas de embelecemento de diferentes rutas, os procesos de rehabilitación e restauración de BICs presentes no Camiño ou o proxecto de recuperación do Monte do Gozo, está próximo á súa conclusión coa apertura . Por último, Román Rodríguez lembrou, igualmente, que outro dos eixos de actuación do Goberno galego pasa por potenciar o turismo de eventos aproveitando o próximo Ano Santo.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn