A turismofilia centrará a celebración do Día do Guía Profesional do Turismo

Dia Internacional Guia Turismo

A turismofilia centrará a celebración do Día do Guía Profesional do Turismo

Baixo o lema “Eu practico turismofilia, e ti?”a Confederación Española de Federacións e Asociacións Profesionais de Guías de Turismo decidiu centrar este ano a súa mensaxe con motivo da celebración do Día Internacional do Guía de Turismo, o 21 de febreiro, na importancia do turismo para o conxunto da sociedade, o seu impacto e a súa capacidade para contribuír á conservación do patrimonio, os recursos naturais e as tradicións culturais.
En Galicia a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia ( Apit-Galicia) únese a esta celebración reflexionando sobre a importancia do turismo como motor económico no noso territorio e reclamando a profesionalización do guía e a posta en marcha dunha serie de boas prácticas que contribúan a manter o equilibrio entre a capacidade de acollida dun destino e os turistas que o visitan. Así, baixo o hashtag # turismofilia, APIT-GALICIA quere reivindicar a importancia deste sector e farao de novo con visitas gratuítas ao longo da xornada do 21 de febreiro en oito puntos de Galicia: Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Ribeira Sacra. Todo o colleitado ese día entre as doazóns tras finalizar as visitas será doado a unha ONG.
Santiago de Compostela
Saídas ás 12:00 h e 16:00 h desde a Praza de Praterías para visitar a ciuda. Colecta en favor de Down Compostela.
A Coruña
Saídas ás 12.00 h (ruta da Cidade Vella) desde a estatuta de María Pita na praza do mesmo nome, e ás 17:00 h desde o Obelisco (ruta dos Xardíns). Colecta en favor de Afaco.
Ourense
Saídas desde os Xardíns Padre Feijoo ás 12:00 h (visita da cidade) e ás 17:00 h (Ourense termal). Colecta en favor da Asociación Diabética Auria.
Lugo
Saídas ás 12:30 e 16:30 h desde a Praza Maior (soportais do Concello) para visitar a cidade.
Pontevedra
Saída ás 11:00 h diante do Concello para visitar a cidade. Colecta en favor de Asociación ASSEII (Asociación de enfermidade inflamatoria intestinal).
Vigo
Saídas ás 12:00 h desde a entrada do Pazo Quiñones de León para visitar os seus contidos, e ás 17:00 h desde a estatua do Bañista (Rúa Cánovas del Castelo, 1) para a visita ao centro histórico e ensanche. Colecta en favor de Aldeas Infantís SOS Galicia
Ferrol
Saída ás 11:30 h desde a entrada ao Museo de Construción Naval para visitar os seus contidos. Colecta en favor da Cociña Económica Ferrol.
Ribeira Sacra
Saída desde Santo Estevo de Ribas de Miño ás 16:30 h (é preciso levar coche propio para os desprazamentos entre os monumentos para visitar). Ruta do Románico. Colecta en favor do Recuncho Solidario de Chantada.
Para grupos de máis de 8 persoas convén facer reserva indicando horario e ruta do seu interese mediante correo electrónico a info@guiasdegalicia.org.
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn