aceleraTIC

A transformación dixital para a PEME

As novas tecnoloxías e a transformación dixital tamén son necesarias na peme galega e son moitas as ferramentas ao alcance da pequena e mediana empresa que pode ser de moita utilidade para o día a día das empresas. Por esta razón, o Centro Demostrador de TIC (CDTIC) da Xunta de Galicia pon en marcha o programa AceleraTIC, estruturado ao redor de seis sesións de transformación dixital de 8 horas de duración cada unha e que se impartirán na sede do CDTIC en Santiago entre o 9 de xuño e o 13 de xullo.

As sesións, que se imparten de forma gratuíta en horario de mañá e tarde, estarán centradas nas seguintes temáticas:
09/06/2016. Estratexia para a nova contorna dixital. Fundamentos dunha estratexia dixital, novos modelos de negocio baseados no dixital, tendencias (cloud, bigdata, mobilidade, internet das cousas) e analizar as oportunidades e retos da contorna dixital.
16/06/2016. Mercadotecnia dixital para Pemes. Novas canles de comunicación dixital existen, como son os novos consumidores, técnicas dixitais de atracción, captación, conversión e fidelización de clientes.
23/06/2016. Comercio electrónico. Analizarase as dimensións comerciais e loxísticas, trasladando a importancia dunha estratexia multicanle, así como os procesos da entrega dos produtos.
30/06/2016. Big Data & Business Intelligence para o control de xestión empresarial. Analítica para o cálculo de tendencias e prediccións coa finalidade de implantar solucións de analítica en base a datos de control de xestión.
07/07/2016. Análise de datos para o control da estratexia dixital. Definición de indicadores para unha estratexia dixital, ferramentas de medición como Google Analytics e sistemas chave para a medición de campañas e resultados.
13/07/2016. Transformación e xestión do cambio na organización. Concienciación e capacitación non só en competencias dixitais, senon en manter unha actitude máis flexible e aberta aos cambios que require a transformación dixital.

As sesións están dirixidas a directivos de PEMES co obxectivo de que adquiran as habilidades necesarias para entender o valor que achegan as tecnoloxías ao negocio e impulse os cambios necesarios na empresa para unha verdadeira transformación dixital. Aqueles directivos que completen o seis xornadas, recibirán o título “Programa Especializado en Transformación Dixital da Empresa” outorgado pola Escola de Negocios Afundación.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn