A Ruta do Viño Rías Baixas estrea web para dar resposta ás necesidades do enoturista actual

ACTIVIDADES
presentacion_novawebruta2

A Ruta do Viño Rías Baixas estrea web para dar resposta ás necesidades do enoturista actual

No marco das actuacións que se están levando a cabo con motivo do 20 aniversario da Ruta do Viño Rías Baixas, a entidade sen ánimo de lucro presentou a súa nova web www.rutadelvinoriasbaixas.com , adaptada ás necesidades do viaxeiro actual. O espazo en liña ofrece unha interfaz moito máis amigable que, entre outras novidades, ofrece a posibilidade de crear o noso propio itinerario enoturístico.

A través do apartado “Deseña a túa ruta”, cada usuario poderá escoller os establecementos asociados que se desexan percorrer -todos eles geolocalizados a través da aplicación de Google Maps- para despois descargar en calquera portal móbil ou mesmo enviar a un e-mail o itinerario. O usuario poderá localizar o que necesita no apartado Enoturismo a través das subsecciones Adegas, Restaurantes, Aloxamentos e Que Visitar. Nesta última se aúnan servizos enoturísticos, museos, espazos naturais, festas populares e monumentos de interese. Non falta nesta nova web un espazo dedicado aos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, como elemento vertebrador de toda a Ruta. Todo coa fin de mellorar a experiencia dentro da Ruta do Viño Rías Baixas.
Para manterse informado
Outra das novidades que achega a web é a incorporación dun espazo para un blog, onde se ofrecerán noticias, actividades e recomendacións para os amantes do enoturismo. Ademais, a web conta cun espazo de ageda, onde se mostrarán os distintos eventos e actividades que organiza a Ruta do Viño Rías Baixas, sen esquecer que os interesados poderán estar informados puntualmente das actividades da Ruta a través dun boletín electrónico no que se informará de todas as iniciativas que se poñan en marcha a través da asociación sen ánimo de lucro.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn