A Ría de Muros e Noia presentouse por primeira vez como destino turístico en Fitur

ACTIVIDADES
Cambados ciudad del vino Fitur 2017

A Ría de Muros e Noia presentouse por primeira vez como destino turístico en Fitur

Cambados e a Mancomunidade do Salnés apostan pola Ruta do Pai Sarmiento e a próxima celebración da capital do albariño como Cidade Europea do Viño 2017

Baixo o nome “As Rías Galegas, tal como eran”, a entidade xestora deste destino, a Asociación Rural de Desenvolvemento (ARD) de Muros-Noia presentouse por primeira vez en Fitur co obxectivo de facer unha primeira toma de contacto coa feira e o seu funcionamento, á vez que se presentaban os seus primeiros recursos turísticos desenvolvidos centrados en ofrecer un turismo slow ou tranquilo nunha contorna natural na liña do turismo sustentable. Neste sentido, o slogan pretente incidir en que estamos fronte á ría menos urbanizada e cunha contorna menos urbanizada das rías galegas.

Unha nova web www.riademurosnoia.com, un vídeo e materiais promocionais enfocados a prestar servizo aos aloxamentos e aos restaurantes da ría son os materiais que se elaboraron até agora co obxectivo de traballar na creación de destino orientado ao turism activo e natural, con rutas BTT e de sendeirismo, circuítos de touring, etc.

Enoturismo e sendeirismo

Cambados e a Ruta do Pai Sarmiento -un itinerario de 190 quilómetros pola costa de toda a comarca que reproduce a viaxe do relixioso en 1745- foron as dúas apostas da Mancomunidade do Salnés para esta edición de Fitur na que se esbozou a programación de actos para a celebración de Cambados como Cidade do Viño e anunciouse que a Ruta do Pai Sarmiento incluirá unha etapa a pé e outra en bicicleta por varios concellos arousáns.

As montaxes audiovisuais “O Salnés, Ruta do Sarmiento” e “Cambados, feito a man” resumiron o espírito das intervencións a cargo da alcadesa de Cambados, Fátima Abal, do edil de Enoturismo, José Ramón Abal, o delegado de turismo da Mancomunidade, Gonzalo Pita, e o seu xerente, José Ramón García Guinarte.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn