A oferta náutica recreativa galega se dió cita na Feira Grand Pavois de Francia

ACTIVIDADES
grand pavois

A oferta náutica recreativa galega se dió cita na Feira Grand Pavois de Francia

O recinto feiral francés da Rochelle acolleu unha nova edición da feira especializada en turismo náutico Le Grand Pravois, na que o turismo náutico recreativo e as súas instalacións volveron ter presenza. Por cuarto ano consecutivo, a Xunta, a través de Turismo de Galicia e Portos de Galicia, apoiou a presenza deste sector na feira, co obxectivo de dar a coñecer as instalacións e servizos náuticos de Galicia, así como os recursos e os produtos turísticos relacionados co turismo náutico.
Nesta ocasión os participantes son os representantes dos clubs náuticos de Ribadeo, Viveiro, Camariñas, Muxía, Combarro (Poio), San Vicente do Mar (O Grove), Vigo e Baiona que tiveron oportunidade de establecer relacións comerciais e crear sinerxías para axuntar o conxunto das potencialidades náuticas da nosa comunidade nunha oferta comercial común, establecendo así unha proposta global e competitiva de face ao exterior.
Esta feira, organizada por vez primeira en 1973 está exclusivamente dedicada ao sector náutico en todas as súas modalidades e é un dos salóns náuticos máis importantes e populares de Europa constituíndo, así, un dos principais escaparates para a promoción da náutica deportiva en Francia.
A situación privilexiada no porto deportivo da Rochelle motiva a miles de persoas a visitala, especialmente propietarios de embarcacións de recreo, o que motiva o éxito desta feira que se celebrou do 28 de setembro ao 3 de outubro coa participación de máis de 800 expositores procedentes de 35 países.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn