A nova liña de financiamento autonómico para pemes e autónomos permitirá inxectar liquidez de até 200.000 euros por negocio para facer fronte ao coronavirus

medidas coronavirus igape galicia

A nova liña de financiamento autonómico para pemes e autónomos permitirá inxectar liquidez de até 200.000 euros por negocio para facer fronte ao coronavirus

A liña de financiamento aprobado pola Xunta de Galicia permitirá ao tecido empresarial galego, especialmente ás pemes e autónomos, mobilizar 250 millóns de euros para atender as súas necesidades inmediatas de liquidez, como pago de salarios, alugueres ou impostos.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro por videoconferencia con representantes dos diferentes clústeres

O investimento da Xunta, que destina 30 millóns de euros para a posta en marcha desta linea, permitirá a mobilización de 250 millóns de euros en préstamos que contribuirán a paliar os efectos do coronavirus no tecido empresarial galego. Esta liña de financiamento cubrirá operacións do dobre dos custos salariais do ano anterior ou o 25% da cifra de negocio cun máximo de 200.000 euros. Os beneficiarios terán até catro anos para amortizar estes préstamos, cun ano de carencia, e a Xunta farase cargo do 100% dos intereses.

A posta en marcha desta liña de financiamento únese a outras iniciativas de apoio que a Xunta de Galicia xa puxo en marcha para ao apoio ao tecido industrial como o adiamento das cotas de amortización e intereses da liquidación dos préstamos formalizados coa Xunta de Galicia. A través de Xesgalicia, a Xunta engade, tamén, unha terceira liña de 10 millóns de euros para cubrir as necesidades de reestruturación produtiva das empresas galegas que decidan acometer a fabricación de material sanitario necesario para facer fronte ao coronavirus.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia con representantes dos clusters galegos co obxectivo de trasladarlles, de primeira man, as medidas en materia laboral e empresarial que a Xunta está a adoptar con motivo do estado de alarma decretado polo coronavirus.

Na reunión participaron o Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), a Asociación Cluster do Naval Galego (Aclusaga), o Cluster da Madeira de Galicia, o Cluster do Audiovisual Galego, o Cluster de Acuicultura de Galicia, o Cluster do Granito de Galicia, o Cluster Alimentario de Galicia, o Cluster TIC Galicia, o Cluster Téxtil Galego, o Cluster de Enerxías Renovables de Galicia, o Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), o Cluster da Saúde de Galicia, Anfaco-Cecopesca, o Cluster da Lousa de Galicia, o Cluster Turismo de Galicia, o Cluster da Función Loxística de Galicia e o Cluster do Produto Gráfico e do Libro.

No encontro, o conselleiro explicoulles os detalles da nova liña de financiamento aprobado para inxectar liquidez inmediata as pemes e autónomos.

Conde tamén fixo referencia á posta en marcha do Comité de fabricación de equipamento sanitario, cuxas dúas iniciativas inmediatas tarde-noite a creación dunha plataforma para coordinar a demanda de equipos de protección e a oferta do tecido empresarial galego así como a activación dunha liña de axudas ao investimento para facilitar que as empresas leven a cabo as transformacións necesarias para abordar a fabricación inmediata de material de protección.

A reunión forma parte da rolda de consultas con todos os axentes sociais e económicos para escoitar as súas demandas, coñecer de primeira man as incertezas que lles está xerando a situación provocada polo coronavirus e informar as medidas adoptadas.

IG257- PRÉSTAMOS AVALADOS PARA APOIAR ÁS PEMES E AUTÓNOMOS NO CONTEXTO DO ACTUAL BROTE DE COVID-19

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn