A marca Galicia Destino Activo establécese como obxectivo a creación de 3 novos produtos de turismo activo

workshop Galicia Destino Activo 24.09.2019

A marca Galicia Destino Activo establécese como obxectivo a creación de 3 novos produtos de turismo activo

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu esta semana a II Xornada Galicia Destino Activo, concibida co obxectivo de continuar no traballo de posicionamento da marca e da oferta turística vinculada ao turismo deportivo e activo. Neste contexto a xornada centrouse na presentación da marca, a valoración dos resultados obtidos en 2018 e na celebración dun workshop con empresas que queiran unirse á marca ou implementar novos produtos turísticos que sigan a estrutura dos creados até o momento.

Un total de 8 empresas participaron no workshop para avanzar na creación de 3 novos produtos ligados ao Turismo Activo, que deberán incluír necesariamente empresas de turismo activo, aloxamentos, axencias de viaxes, servizo de restauración, guías turísticos así como outros servizos complementarios como museos, centros de interpretación ou portos deportivos, segundo as pautas de creación de produto establecidas para a marca GDA. Deste workshop xurdiron as mesas de traballo que avanzará na creación deste tres novos produtos, obxectivo deste ano para a marca Galicia Destino Activo.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn