A Deputación de Pontevedra incluirá ao sector privado nas súas próximas accións de promoción

mesaturismojunio

A Deputación de Pontevedra incluirá ao sector privado nas súas próximas accións de promoción

A institución provincial avanzou que as próximas citas de promoción turística serán en Barcelona e Lisboa

Baixo as máximas de consenso e unanimidade quedou constituída a Mesa Provincial de Turismo de Pontevedra, creada ao amparo do Plan Estratéxico de Turismo da Deputación de Pontevedra que fixou as liñas mestras da actuación neste sector, un primeiro encontro que serviu tamén para aprobar o seu regulamento de funcionamento e algunhas alegacións presentadas polos seus membros, que foron incluídos por unanimidade.

Así, a mesa provincial quedou constituída polo Clúster de Turismo de Galicia, Federación Provincial de Hostaleira; Turismo de Galicia (Xunta de Galicia), aeroporto de Vigo, GDR Pontevedra Norte, GAL Ría de Arousa, GDR Baixo Miño, Ruta do Viño Rías Baixas, os centros de ensino Manuel Antonio e Carlos Oroza, e os concellos de Vigo, Pontevedra, Baiona e A Guarda.

Tres foron as alegacións presentadas a esta formación, un por parte do Porto de Vigo, que solicitaba a súa participación, e que foi convidado a participar cando se debatesen aspectos vinculados co turismo náutico; outro para a participación da asociación de hostaleiros de Pontevedra, que se considerou que e participará na mesa; no terceiro, a demanda dos concellos do interior de participar tamén na promoción para que se usase a marca Pontevedra Provincia, ademais da máis consolidade Turismo Rías Baixas.

Posteriormente a presidenta da Deputación presentou un informe sobre as actuacións que está a levar a institución provincial na promoción e difusión, como foron as distintas presentacións do destino a nivel nacional e internacional e deuse conta sobre as dúas iniciativas vinculadas a comercialización e a promoción en liña, dentro do proxecto “Turis-Tic”, para o uso das novas tecnoloxías no sector turístico.

Por outra banda, a directora do aeroporto de Vigo, Ana Molés, incidiu na necesidade de promoción da provincia nos destinos cos que existen conexións aéreas, aspecto no que coincidiu a presidenta ao destacar que “é unha vantaxe competitiva contar con rutas de avión fronte a outros territorios que non contan con esta posibilidade de atraer turistas”. Tamén a mesa aceptou a proposta do Clúster de Turismo de acompañar a promoción en destino que fai a Deputación coa participación do propio sector privado mediante a celebración de “workshops”. Silva xa anunciou que as promocións en Barcelona e Lisboa, contarán xa coa participación do sector privado.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn