A Deputación de Lugo aposta por desenvolver un turismo agroalimentario con experiencias de éxito

Jornadas Turismo Agroalimentario Lugo

A Deputación de Lugo aposta por desenvolver un turismo agroalimentario con experiencias de éxito

Representantes do turismo agroalimentario provincial, axentes turísticos, produtores, guías, expertos en comunicación, hostaleiros… déronse cita nas primeiras Xornadas de Turismo Agroalimentario que celebrou a Deputación de Lugo co obxectivo de impulsar este tipo de turismo na provincia. A iniciativa enmárcase dentro do Plan Estratéxico de Turismo da provincia, e contou coa participción de responsables de proxectos de éxito relacionados con este sector como o Instituto Galego do Viño, Milhulloa, Champivil, Caurelor, Embutidos Suarna ou do CRDO Queixo do Cebreiro, ademais de empresas turísticas como I´m a Local e de Ponlle cara ao turismo, que abordou as novas oportunidades turísticas como alternativa ao desenvolvemento rural.

Tal e como explicou o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, a entidade busca contribuír a “pór en valor os proxectos relacionados co sector agroalimentario que, con tanto éxito está a realizarse actualmente na provincia, e ao mesmo tempo pomos en valor a nosa materia prima de primeira calidade”.

Desta maneira a Deputación dá os primeiros pasos para tratar de desenvolver unha oferta de turismo alternativo, centrado nos produtos e ligado á paisaxe da provincia, a partir dos produtos de calidade que ofrece o sector primario e das experiencias exitosas de emprendedores que apostaron decididamente por este sector. A xornada completouse cunha visita á ‘Ruta da Faba de Lourenzá’.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn