A comarca de Ferrolterra acolle unha xornada profesional orientada a mellorar a comercialización de empresas de turismo activo

velero

A comarca de Ferrolterra acolle unha xornada profesional orientada a mellorar a comercialización de empresas de turismo activo

Normativa, comercialización e información sobre axudas e subvencións serán algúns dos aspectos que se abordarán na xornada que o próximo 7 de marzo acollerá o Cámping de Valdoviño. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, orientada ás empresas de turismo activo e surf do geodestino ferrolterra e enmarcada no convenio asinado con Turismo de Galicia para o impulso e promoción turística neste territorio e especialmente das empresas que conforman a oferta de Activo365 e Costa das Ondas.

O punto forte da xornada será a participación de dous técnicos de TripAdvisor que orientarán aos participantes para mellorar as súas vendas a través desta plataforma. Estes expertos abordarán na súa participación as tendencias en turismo activo e explicarán a mellora do posicionamento como destino, co obxectivo de darlle ferramentas ao territorio en promoción e comercialización online.

Tamén haberá un módulo de formación en lexislación do turismo activo, así como de subvencións específicas para este sector que lles permitirá coñecer as oportunidades de financiamento público para a creación de novos proxectos profesionais de turismo activo e de surf, ou ampliación dos existentes.

Módulo AGETAN
O presidente da Asociación galega de empresas de turismo activo, aventura e natureza, AGETAN, pola súa banda, informará as accións desta asociación que aglutina ao sector profesional do turismo activo de Galicia.

Para máis información e inscrición nas xornadas poden facelo nesta ligazón: http://bit.ly/melloradacomercializacion ou no teléfono teléfono 633 074 271.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn